Monday 06 de May de 2024

O Concello de Oleiros renova a súa sede electrónica


O Concello de Oleiros puxo en marcha a súa nova sede electrónica. Ademais dun renovado deseño, realizouse unha notablemente mellora técnica, de accesibilidade e funcionalidade para prestar un mellor servizo á cidadanía.

A través deste servizo dixital, calquera veciño pode realizar distintos trámites administrativos desde un dispositivo electrónico. Por motivos de seguridade, e seguindo a liña doutras plataformas electrónicas das distintas administracións públicas, eliminou o acceso á parte privada por medio de usuario/a e pin, mantendo o acceso por certificado dixital e engadindo un novo sistema de identificación a través da plataforma Cl@ve (Identidade Electrónica para as Administracións do Goberno de España).

Aquelas persoas que teñan algún problema para acceder á nova sede, poden solicitar axuda a través do enderezo de correo electrónico soportesede@oleiros.org.

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_HOME